Si quieres acceder a los contenidos completos y conocer mejor la vida de los animales invertebrados con más imágenes e información, échale un vistazo a nuestra versión para ordenador.
ANIMAIS INVERTEBRADOS - CRUSTÁCEOS
CRUSTÁCEOS
CRUSTÁCEOS

Amigos de lo ajeno
De qué hablan las
Os crustáceos son incriblemente numerosos e diversos en formas, tamaños e hábitat. Actualmente hai máis de 60.000 especies descritas, pero estímase que aínda hai que descubrir entre 5 e 10 veces este número. Son os animais máis estendidos e abundantes en todos os océanos, aínda que tamén viven en augas salobres e doces, e mesmo en terra firme, coma a pulga de praia ou a cochinilla de mar (que podemos ver coa marea baixa). E todo isto sen ser nin sequera un filum biolóxico (coma as esponxas, equinodermos ou moluscos), senón unha subfamilia dentro da ampla familia de artrópodos, que tamén inclúe outras clases como insectos ou arácnidos. De feito, xunto aos seus parentes, os insectos, os crustáceos forman o 80% dos animais coñecidos, o que, a pesar do antropocentrismo, lévanos a definir a época na que vivimos como o período dos artrópodos (Hickman et al. 2009).
A pesar desta enorme variedade, todos teñen certas características que os converten en crustáceos:
- Teñen o corpo dividido en 3 partes: cabeza - tórax (que se pode fusionar nunha soa cuncha ou cefalotórax) - abdome, que se segmenta en anacos ou aneis máis pequenos, os metámeros (xeralmente teñen entre 16 e 20). Canto máis evoluciona o crustáceo, menos cantidade de metámeros ten.
- Son os únicos artrópodos que teñen dous pares de antenas.
- Ademais, o nome de crustáceos (de costra) indica outra das súas características, teñen un esqueleto de quitina externo e articulado, que periodicamente mudan a medida que medran. Cando se produce esta muda (écdise) son especialmente vulnerables, o que os move a esconderse en fendas ou enterrarse na area para protexerse ata que a nova cuncha gañe consistencia. Moitas funcións vitais están asociadas a esta mudanza, como a reprodución ou a alimentación.
- Como artrópodos tamén teñen "patas articuladas", dúas en cada segmento ou parte do corpo (unha a cada lado), que poden dedicarse a diferentes funcións como a locomoción, a alimentación, a reprodución, a defensa,...
A gran maioría son animais acuáticos, moitos deles, xeralmente os máis grandes, son bentónicos (viven no fondo mariño) como a nécora ou a centola, mentres que moitos outros, máis pequenos, forman parte do plancto mariño (flotando na columna de auga) coma o krill. Limitarémonos a falar duns poucos grupos, para facilitar a identificación e o coñecemento deses crustáceos que podemos atopar con máis frecuencia e facilidade, ou que nos poden resultar máis familiares:
DECÁPODOS, son os máis coñecidos, os caranguexos, os centolas, lumbrigantes, os camaróns... diferéncianse doutros crustáceos por teren unha cuncha que cobre e fusiona a parte dorsal nun cefalotórax e porque teñen tres pares de apéndices peludos na cabeza (maxilípodos, preto da boca) para manexar os alimentos e cinco pares de patas torácicas funcionais para a locomoción. O primeiro par de patas (ou máis) ten pinzas, que tamén usan en defensa, limpeza, alimentación,... Tamén teñen dous ollos compostos en pedúnculos que sobresaen da cabeza. Cada un deles está composto por centos de pequenos ollos que lles permiten percibir un campo visual moi amplo e ser especialmente sensibles á hora de detectar movementos ao seu redor.

Os decápodos están situados nun grupo máis grande, os malacostráceos, neste tamén se inclúen isópodos, coma os piollos de mar e os mísidos, mini-camaróns nadadores que forman enxames visibles e serven de alimento a moitos animais, coma o cabalo do mar. Tamén pertencen aos malacostráceos os eufausiáceos, máis coñecidos como krill, cuxas concentracións xigantescas serven de alimento para as baleas, os tiburóns de balea, as focas, os pingüíns e as aves; ou os anfípodos, como as pulgas de praia que saltan ao solpor na beira do mar.
CIRRÍPEDES. Non o parece, pero os percebes ou o arneirón tamén son crustáceos. Son os únicos sésiles e pódense fixar a varias superficies. Péganse grazas a glándulas ou musculosos pés especiais, moi fortes, e teñen o seu corpo protexido por placas calcarias dispostas de xeito similar a unha pirámide. Estas placas pódense pechar hermeticamente, permitíndolles manter a humidade cando a marea está baixa e quedan ao descuberto, e ábrense para sacar as pequenas patas peludas (cirros), que estes estenden e recollen para capturar o alimento en suspensión.
Ao vivir ancorados, tiveron que modificar moito o seu corpo e por iso non se parecen a outros crustáceos. Cando as súas larvas están unidas á superficie onde medrarán, comezan a segregar as placas calcarias, perden os ollos e transforman as patas nadadoras en cirros peludos que lles permitan alimentarse. Son típicos de zonas intermareais e poden formar grandes extensións coloniais.
COPÉPODOS, aínda que só amosaremos un, non queremos deixar de mencionar os copépodos pola súa grande importancia ecolóxica, xa que son crustáceos moi pequenos que compoñen o zooplancto. Contribúen ao equilibrio mariño ao consumir unha grande cantidade de microalgas, á vez que serven de alimento para moitas especies mariñas.
DECÁPODOS
A centola, en cambio, presenta un corpo curto. O seu cacho é ovalado e alcanza os 35 cm sen contar as patas. Nel aparecen pequenas espiñas espalladas, e outras máis grandes no bordo que limita a parte dorsal e ventral, que van cara arriba (na centola mediterránea –Maja squinado– estas espiñas están dirixidas cara a adiante, sendo un dos criterios para diferencialas).
A pesar do seu tamaño, non é fácil de ver debido ás súas artes da camuflaxe, dado que cobre a cuncha con algas, gorgonias, esponxas... e todo canto poida axudarlle a pasar desapercibida. Recolle directamente coas súas pinzas todo que poida tapala e vaino poñendo sobre o cacho.
Xunto coa centola, o lumbrigante (ou cereixo) é o crustáceo máis grande da nosa ría, co seu longo abdome pode chegar ata o medio metro de lonxitude. Ten un corpo alongado e cilíndrico. Destaca o seu primeiro par de patas coas tenaces, moi desenvolvidas (algo máis nos machos) e potentes. Cada unha das tenaces está especializada en diferentes funcións, polo que son diferentes entre elas: unha ten uns bordos internos rectos e lixeiramente serrados para manipular e cortar, mentres que a outra ten os bordos máis irregulares e con algúns dentes máis grandes para poder esmagar as cunchas das súas presas.
A pinza trituradora normalmente é a esquerda, pero se a perde, a outra pinza convértese en trituradora e a pinza que rexenera é de corte, invertendo a lateralidade.
A nécora (andarica ou cangrexo bruxa) tamén ten un corpo curto, co abdome dobrado debaixo do tórax e ten un tamaño medio, entre 15 - 20 cm. contando as patas. Presenta unha cor marrón clara con manchas azuis, pero recoñécese ao momento polos seus ollos vermellos.
Coa cuncha aplanada, hexagonal e cuberta de pequenos pelos que lle dan un aspecto aveludado.
O primeiro par de patas é máis ancho para formar as pinzas (algo máis grandes nos machos), os seguintes tres pares rematan nunha longa unlla que lles permite moverse sobre rochas e fondos. O último par é máis curto e plano porque o emprega como remo para nadar.
Son bastante rápidas.

Homarus gammarus

Maja brachydactyla

Necora puber









Aliméntanse de algas, moluscos, pequenos peixes mortos e outros crustáceos, incluso da mesma especie, xa que teñen tendencias ao canibalismo.
Normalmente as veremos moverse lateralmente, isto é porque son máis rápidas cara ao lado que de fronte. Ao anchear e acurtar a súa cuncha, estes decápodos desprazaron o seu centro de gravidade cara a adiante, facilitando estes movementos. De feito, os crustáceos "de cola curta", como o caranguexo ou a centola, son os mellor adaptados á vida do fondo.
De hábitos nocturnos, viven en fondos rochosos preto das costas, case sempre as atoparemos agochadas nas fendas, aínda que non é raro que se escondan baixo anémonas ou algas. Cando se senten ameazadas, erguen as pinzas como ameaza.
Podemos atopalas practicamente en calquera punto do mergullo onde haxa rochas.
O abdome, na parte ventral, é triangular nos machos e máis ancho e redondeado nas femias, xa que é onde levan os ovos.
Antes do apareamento, os machos realizan un ritual de achegamento, acariñando e abrazando á femia, despois acóplanse ventre con ventre, procurando xeralmente intimidade entre as fendas das rochas.
Tamén é frecuente atopalas unha sobre a outra, mais esta é unha postura protectora.
O primeiro par de patas é moi longo (máis longo que a lonxitude do corpo) e ten pinzas pequenas nos extremos. Os outros pares de patas rematan en unllas e permítelle moverse camiñando, é quen de facelo mesmo de cabeza para abaixo, aferrándose firmemente ás rochas.
Xeralmente aparéanse durante a primavera ou o outono, aproveitando a muda das femias (isto facilita a inseminación). Para isto, as centolas migran a maiores profundidades, xuntándose en grandes grupos, centoleiras ou tellos, facilitando así a protección das femias. É común que os polbos pasen por estes grupos esperando algún despiste que lles permita obter un gran botín.
Aparecen en fondos rochosos, a miúdo escondidas en fendas ou grandes buratos. Témolas por toda a ría, pero abundan en Cenoiros, pecios, Frapelo, Cabo de Mar ou A Furna.
Este ten gran cantidade de pelos curvados espallados (coma se fosen anzois) que facilitan a fixación dese "mini-ecosistema" móbil. De feito, cando muda a cuncha, traslada con coidado as algas e outros animais para a súa nova carcasa. Baixo ese abrigo a coloración é avermellada ou alaranxada.
A diferenza de moitos crustáceos, as súas antenas son pequenas e os seus ollos, retráctiles, están situados nos lados delas.
Normalmente vive nos fondos rochosos, escondido en fendas e buratos, e ten unha coloración azul escura e marrón, con pintas brancas.
Da cabeza saen dúas longas antenas (que alcanzan a mesma lonxitude que o seu corpo) que moven de forma independente para detectar o que hai ao seu redor e espantar aos depredadores. Son solitarios, territoriais e de hábitos nocturnos.
Por ser de interese comercial, a súa esperanza de vida é moi reducida, mais en realidade son animais moi lonxevos, calcúlase que poden vivir ata 72 anos.
Podemos velos en Cala do rei, Salgueirón, Cenoiros, Frapelo ou Illas Cíes. Por suposto, son cada vez máis escasos, por que será...
O segundo e o terceiro par de patas tamén teñen pinzas pequenas, as outras utilízanas para desprazarse, o mesmo que a súa cola en forma de abanico, que lle permite propulsarse a rabexadas.
O seu ritual de apareamento é todo un espectáculo, recomendamos esta ligazón para unha información máis detallada