Si quieres acceder a los contenidos completos y conocer mejor la vida de los animales invertebrados con más imágenes e información, échale un vistazo a nuestra versión para ordenador.

 
cliona celata esponjas

esponxas

Hai máis de 600 millóns de anos as esponxas xa habitaban o planeta, sendo probablemente unha das primeiras formas de vida animal. Pouco mudaron ata agora, unha vida sinxela pero efectiva. Poden vivir na costa, ao nivel do mar, e quedar fóra cos cambios da marea ou aparecer a máis de 7.000 m. de profundidade, habitando en todos os océanos. 

Watersipora subtorquata briozos

briozoos

Seguramente son os invertebrados menos coñecidos. Animais que se espallan coma unha pequena codia formada por centos de minúsculos seres coloniais que viven fundidos entre si para formar unha estrutura máis grande. Esta estrutura é sésil, polo que todos viven unidos entre si e ao lugar onde se asentan. 

gorgonia cnidarios

cnidarios

Son o caixón de xastre dos invertebrados mariños, medusas, corais, gorgonias, plumas de mar... o único que os une é que todos son urticantes. Pero forman un grupo fascinante e fundamental na vida dos océanos.

espirografo anelidos tubicolas gusanos poliquetos

anélidos

Esta "flor" da foto é en realidade un verme. Os anélidos máis atractivos da ría son vermes tubícolas que viven dentro dun tubo flexible que fabrican eles mesmos.  As plumas que sobresaen son as branquias coas que respira, mais tamén as usa para capturar as partículas de alimento que filtra. 

Marthasterias glacialis estrella de mar equinodermos

equinodermos

Só viven no fondo do mar, teñen o corpo cuberto de pugas e dividido en cinco partes iguais. Os equinodermos teñen a sensibilidade principalmente nos pés e abarcan un grupo de animais moi diverso e peculiar. É curioso que, a pesar de todo, a maioría nos resulten tan familiares. 

crustaceos necora

crustáceos

Todos teñen un esqueleto externo, que mudan cando medran, para protexer o seu brando corpo. A grandes trazos podemos distinguir os crustáceos de abdome curto (centolas, caranguexos) e os crustáceos con abdome longo (lumbrigante, camarón), pero tamén hai outros de aspecto moi diferente, coma o percebe e o arneirón. 

sepia moluscos

moluscos

Estes invertebrados de corpo brando poden ter formas moi variadas. Orixinalmente todos tiñan cuncha, mais co paso do tempo e a evolución, algúns a perderon e outros a interiorizaron. 

Ciona intestinalis ascidias

ascidias

As ascidias semellan seres sinxelos, parecido ás esponxas, pero, en realidade, son cordados (grupo no que tamén están os vertebrados). Baixo esa aparencia de saco con buratos hai un animal que non ten cabeza pero ten corazón.

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

NUDIBRANQUIO