top of page
SAFARIS - BUCEO

SAFARIS DE MERGULLO

Canto máis aprendemos dos fondos submarinos nos que mergullamos, máis os desfrutamos. Saber que podes atopar baixo o mar e como se comportan os animais que alí viven, axuda a saber onde buscar e a ser testemuña de grandes momentos que doutra maneira pasarían desapercibidos.

Cos safaris de mergullo engadimos este importante valor ás inmersións. Trátase dunha xornada diferente, que comeza cunha presentación do punto que imos visitar para coñecer as características da paisaxe no que nos somerxeremos, descubrir que formas de vida poderemos atopar e coñecer como se comportan. Todo isto explicado a través de proyeccións de vídeo e ilustracións explicativas.

E, logo, a auga! onde poder desfrutar en primeira persoa do que viramos na presentación. Un momento no que recrearse baixo ol mar cunha inmersión tranquila e nun grupo reducido.

13GR buceo 2.jpg
0 - PC050068.JPG
P8010040.JPG

SAFARI NA ZOSTERA

O MUNDO DAS PLANTAS MARIÑAS

Coñece unha das paisaxes máis descoñecidas e importantes das rías e a enorme biodiversidade que alberga

2 ZOSTERA web.jpg

COMO SON AS PLANTAS MARIÑAS

Principe P8030371.JPG

SAFARI NOS BOSQUES SUBMARINOS

O REFUGIO DAS ALGAS XIGANTES

As paisaxes máis emblemáticas das nosas augas son un tesouro cheo de curiosidades. Descubre como funcionan e a súa enorme importancia.

Carrasco_PR WEB.jpg

VIDA NAS ALGAS GIGANTES

PA010037.JPG

SAFARI NAS BATEAS

VIDA ENTRE O CASCALLO

Descubre como son estas estruturas baixo a auga e as diferentes formas de vida que se adaptan a vivir nestas paisaxes

2 bateas - copia.JPG

ESTRUCTURA DAS BATEAS

P6191044.JPG

SAFARI NA AREA

OS "DESERTOS" DE VIDA

Un paseo para sorprendernos cos mestres da camuflaxe nun dos hábitats submarinos máis exixentes, os fondos de area.

RAYA WEB.jpeg

ANATOMÍA ADAPTADA AOS FONDOS DE AREA

IMG-20200905-WA0001.jpg

SAFARIS DE MERGULLO - 2020: 
BUCEO RÍAS BAIXAS + 13 GRADOS

11/9 - SAFARI: CABALLITOS YE ZOSTERA

Colaboramos con BUCEO RÍAS BAIXAS para organizar safaris de mergullo nos que poder coñecer ao detalle a través de vídeos e explicacións previas como é o punto de inmersión que imos visitar e que animais nos poderemos atopar. Se perdiches o SAFARI NA ZOSTERA do ano pasado, estate atento para cando anunciemos os novos!!

TES UN CENTRO DE MERGULLO E GUSTARÍACHE OFRECER ESTES SAFARIS ?

Contacta con nós en 13gradosvigo@gmail.com

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page