Si quieres acceder a los contenidos completos y ver más información e imágenes de los peces y cetáceos de la ría, échale un vistazo a nuestra versión para ordenador.
PEIXES ÓSEOS
Os peixes foron os primeiros vertebrados en aparecer, e despois xurdiron anfibios, réptiles, aves e mamíferos. O feito de ter vivido no mesmo medio durante tantos millóns de anos permitiu unha grande diversidade e cantidade de peixes. Actualmente representan case a metade dos vertebrados do planeta e desenvolveron adaptacións únicas como mudar de sexo, emitir luz ou xerar descargas eléctricas.
PEIXES CARTILAXINOSOS
(TIBURÓNS E RAIAS)
A diferenza dos anteriores, o seu esqueleto está formado por cartilaxe. Tamén son moito menos numerosos e diversos, pero os seus sentidos ben desenvolvidos, os seus músculos natatorios e os seus hábitos depredadores sitúanos nunha posición ecolóxica importante dentro da comunidade mariña.
CETÁCEOS
Galicia é un punto de paso para moitas especies de cetáceos, pero tamén podemos gozar dunha especie que decidiu establecer o seu lugar de residencia nas nosas rías: o arroaz (golfiño mular), que, aínda que é difícil atopalo durante as inmersións, non é raro velo de lonxe antes ou despois de telas feito.
Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.