creación de contidos

traducimos a imaxes o mundo submarino

imageedit_1_5322873269.png
imageedit_1_4767789546.png
imageedit_1_4767789546.png
imageedit_1_4767789546.png
imageedit_1_4767789546.png

ACTIVIDADES para coñecer o MAR

somérxete con nós nun MUNDO novO

imageedit_12_2899770798_edited.png
imageedit_2_2113770689_edited.png
 

ALÉN DO AZUL

o LIBRO DA RÍA DE VIGO

imageedit_11_3042030226.png
LIBRO 1.JPG

Alén do azul  é unha viaxe aos fondos submarinos da ría de Vigo, a través da que poderás percorrer as súas paisaxes da man dos habitantes que alí viven.

A pesar de estar tan preto, o mar segue a ser un grande descoñecido en moitos aspectos. Un lugar misterioso e profundo, onde non hai fronteiras nin se pode ver o horizonte, onde todo está en constante movemento e a forza da gravidade non ten tanto poder. Con ALÉN DO AZUL querémosvos achegar a este medio completamente diferente ao noso.

Hai lugares únicos que só se poden gozar no mar: mergullar baixo as bateas entre cordas xigantes de mexillón ou entrar en bosques mestos de algas xigantes; e formas de vida sorprendentes e descoñecidas, máis propias doutros planetas, que só atoparemos debaixo da auga, como vermes flor que se agochan en tubos, caranguexos que viven entre tentáculos velenosos ou plumas xigantes que medran na area. Todo isto está aquí, na ría, a poucos metros baixo a superficie.


En ALÉN DO AZUL convidámosvos a percorrer estas profundidades submarinas, para poder sorprendernos coa súa beleza e descubrirmos a grande variedade de vida que acollen.

 

A través de fotografías, ilustracións e códigos QR con vídeos feitos especialmente para este libro, percorreremos as paisaxes que decoran as profundidades destas augas coas súas cores e formas caprichosas e iremos coñecendo aos habitantes que alí atopamos.

alen.jpg

Xunto con Catro Ventos Editora demos forma a este libro de paisaxes submarinas no que podemos descubrir como é a vida baixo o mar, onde tamén incluímos un repaso ás principais ameazas para a ría no eido ecolóxico e recollemos algúns aspectos importantes para levarmos a cabo un mergullo máis respectuoso co medio natural. 

4v.jpg
 

safariS

De mergullo

imageedit_12_2899770798_edited.png

Canto máis aprendemos dos fondos submarinos nos que mergullamos, máis os desfrutamos. Coñecer o que podes atopar alí abaixo ou cómo se comportan os animais que viven alí axuda a saber onde buscar e a ser testemuña e interpretar grandes momentos que doutro xeito pasarían desapercibidos.

Cos safaris de mergullo engadimos este valor ás inmersións. Trátase dunha xornada diferente que comeza coa presentación do punto que imos visitar para coñecer as características da paisaxe na que nos somerxeremos, descubrir qué formas de vida poderemos atopar e coñecer cómo se comportan. Achegando toda a información a través da proxección de vídeos e con ilustracións explicativas.

 

E logo... a auga! onde poder desfrutar en primeira persoa do que vimos na presentación. Un momento no que recrearse baixo o mar cunha inmersión tranquila nun grupo reducido.

 

Se isto aínda non fora suficiente, como guinda final da experiencia teremos un picoteo para repoñer forzas e comentar todos os momentos compartidos baixo a auga.

SAFARI 1.jpg

Colaboramos con BUCEO RÍAS BAIXAS para organizar safaris de mergullo nos que poder coñecer ao detalle a través de vídeos e explicacións previas como é o punto de mergullo que imos  visitar e que animais podremos atopar. Despois, desfrutaremos en primeira persoa durante a inmersión de todo o que aprendemos

IMG-20200905-WA0001.jpg
 

MATERIAL AUDIOVISUAL

imageedit_2_4593734170.png

1 - CNIDARIOS EN GALICIA / 2020

Vídeo documental realizado para Restaura Coral onde descubrir que son os cnidarios e cales son as principais especies que podemos atopar nas Rías Baixas.

Podes ver máis contidos audiovisuais na sección MERGULLA DENDE A CASA

ou visitar a nosa conta no INSTAGRAM

 

CHARLAS

imageedit_5_6552652413.png

1 - IllustraTALK

Charla para a canle de youtube de ILLUSTRACIENCIA / 22-3-2021

Onde abordamos a primavera dende unha perspectiva diferente.

Xunto a Iara S. Chapuis (Ilustradora científica) e Alejandra Vasco (Bióloga investigadora en fentos)

2 - Al otro lado del azul - Charla para UN MAR DE MUJERES LÍDERES de ECOWILDLIFE / 5-3-2021

Educación ambiental para a divulgación e conservación dos fondos mariños en Galicia

 

EXPOSICIónS 

imageedit_2_8073780863.png

Ás veces, unha imaxe vale máis ca mil palabras. As exposicións de fotografías e/ou ilustracións son outra das actividades que organizamos. As través das imaxes podemos ensinar os detalles ou acontecementos que nos sorprenderon baixo o mar, retratar animais emblemáticos ou amosar o coloridas e diversas que son as súas paisaxes. Pero tamén dan pé a contar cómo se desenvolve a vida alí embaixo ou a reflexionar sobre as ameazas que poñen en risco o seu equilibrio natural.

imageedit_2_2113770689_edited.png
expo 1.jpg

Se queres conseguir algunha das nosas fotografías e ter na casa un anaco dos fondos das rías galegas a toda cor, bótalle un ollo a nosa TENDA ONLINE e as fotografías que temos á venda.

 

iLustracións

por encargo

imageedit_1_5322873269.png

A ilustración dos fondos submarinos é outra das ferramentas para dar a coñecer a vida que neles atopamos. A través de diferentes técnicas (acuarela, lapis de cores, tintas...) realizamos ilustracións naturalistas e científicas e infografías.

Se queres acompañar algún recurso didáctico, artigo ou traballo de debuxos que reflictan os contidos, se buscas unha imaxe/logo vencellada ao medio mariño para representar á túa empresa ou proxecto ou se, simplemente gustaríate ter algunha das nosas ilustracións ou encargar unha nova, só contacta con nós a través do noso correo electrónico : 13gradosvigo@gmail.com e cóntanos que é o que buscas.

ilustrac 1.jpg

A ilustración é un instrumento especialmente útil para reflectir as características e o funcionamento da vida baixo o mar que non pode alcanzarse doutro xeito

Se queres botar un ollo ás ilustracións que facemos, podes visitar a nosa GALERÍA DE ILUSTRACIÓNS. Ou descubre algúns trucos do proceso creativo en CAPA E PINTURA.

1/10
 
imageedit_1_4767789546.png
imageedit_1_4767789546.png
imageedit_1_4767789546.png
imageedit_1_4767789546.png
imageedit_1_4767789546.png
imageedit_1_4767789546.png
imageedit_1_4767789546.png

táboas somerxibles

DE identificación de especies

Se mergullas ou fas esnorquel e algunha vez preguntácheste que demo son eses "bichos" que ves, propoñemoste varias opcións para descubrilo. Unha delas é o noso BUSCADOR da páxina web, unha maneira divertida de ir acotando a búsqueda a través de preguntas. Pero se queres ir máis alá e ter a posibilidade de poder identificar en directo aos animales que estás a ver, bótalle un ollo as táboas somerxibles de identificación na TIENDA ONLINE

tabla 1.jpg

Non sempre é fácil lembrar como era aquilo que vimos baixo o mar para poder recoñecelo. Coas táboas somerxibles  convidámosvos a identificar en directo a vida que vemos ao facer esnorquel ou mergullo.

Para comezar a poñer nome aos peixes e outros animais que atopas baixo o mar podes mercar algunha das táboas somerxibles de identificación. Visita a nosa TENDA ONLINE.

 

MERCHANDISING

TÉXTILES sostibles e artesáns

imageedit_1_3057813234.png

HaI tempo que tratamos de levar unha vida o máis sostible posible e reducir a nosa pegada no planeta. Reducir o consumo, buscar produtos de proximidade e tempada ou sustituir materiais dun só uso por outros duradeiros e ecolóxicos son algúns dos pequenos pero importantes pasos que podemos dar. Desde 13 GRADOS cremos que todo suma e que o principio do cambio global está na actuación local. Por iso coidamos que nosos produtos estean elaborados dun xeito xusto e sostible, creando alternativas que reduzan o noso impacto no medio.

Elaboramos totes e mochilas de algodón 100% orgánico, serigrafiados de xeito artesanal con tintas a auga por EL TALLER IMPRESIONES SERIGRÁFICAS e co deseño que aportamos desde 13GRADOS para que leves sempre un anaco das rías contigo. Se quieres máis información sobre os nosos produtos, visita a TENDA ONLINE

textil 1.jpg

Agora tamén podes levar as ilustracións dos fondos mariños alá onde vaias. Totes e mochilas feitas de xeito sostible e pensadas para resistir e durar.

 

Para descubrir que produtos temos á venda dispoñibles, podes pasar pola nosa TENDA ONLINE .

P1.JPG
tablilla 1.jpg