CHARLAS ONLINE

Realizamos charlas, presentacións e unidades temáticas online para amosar diferentes contidos sobre a vida mariña e as súas ameazas. Para apoiar os temas a tratar empregamos fotografías, ilustracións e vídeos que reflictan de xeito máis claro e ameno os aspectos que abordamos.

Podedes ver algunhas destas charlas nos vídeos que vos deixamos a continuación

1 - IllustraTALK

Charla para a canle de youtube de ILLUSTRACIENCIA / 22-3-2021

Onde abordamos a primavera dende un punto de vista diferente.

Xunto a Iara S. Chapuis (Ilustradora científica) e Alejandra Vasco

(Bióloga investigadora en fentos)

2 - Ao outro lado do azul - UN MAR DE MULLERES LÍDERES

de ECOWILDLIFE / 5-3-2021

Educación ambiental para a divulgación e conservación dos fondos mariños en Galicia

CHARLAS PRESENCIAIS

Desplazámonos a centros educativos, empresas e outro tipo de organizacións para realizar charlas, exposicións, presentacións ou obradoiros que aborden o mundo submarino dende diferentes perspectivas. Ao igual que nas presentacións online, acompañamos os contidos de material visual que permita unha maior comprensión dunha realidade tan descoñecida, como vídeos, ilustración e fotografías.

IMG-20211025-WA0001 (1).jpg
IMG_20201218_201452.jpg

OBRADOIROS DE DEBUXO

Iniciamos a nosa primeira serie de obradoiros dirixíndonos @s nen@s de entre 6-12 anos con DEBUXANDO O MAR, para levar a centros educativos, aulas de formación e outro tipo de asociacións ou entidades un espazo no que coñecer e observar a vida mariña de maneira diferente para poder retratala despois.

Trátase dun obradoiro para grupos reducidos no que a través de videos e fotografías iremos descubrindo as características de diferentes grupos de animais mariños, apreciando as súas particularidades e plasmándoas logo mediante diferentes técnicas e trucos que nos axudarán a captar a súa natureza.

- P400795.JPG
13GR foto - copia 0.JPG

OBRADOIROS NA PRAIA

Non hai mellor lugar para iniciarse na vida mariña ca praia. Ímonos  TRALA PISTA DA MAREA para levar a grupos de nen@s entre 6-12 anos a un espazo natural no que observar e descubrir os tesouros e curiosidades que nos deixa o mar.

Un obradoiro co que desfrutar da natureza ao aire libre en grupos de entre 20 y 30 persoas, para a través de xogos coñecer a zona intermareal, explorar as fochancas da praia e converternos en detectives por un día para seguir as pistas e rastros que nos deixan as mareas.

IMG-20220403-WA0004B.jpg
intermareal collage.jpg

INTERÉSACHE ORGANIZAR ALGUNHA DAS NOSAS CHARLAS OU OBRADOIROS?

Contacta con nós en 13gradosvigo@gmail.com

Todas las fotografías, textos y vídeos pertenecen a los autores y están protegidos por la Ley de Propiedad Intelectual. No se permite su uso no autorizado.