imageedit_2_.jpg

PAISAXES SUBMARINAS

 

A disposición xeográfica das Rías Baixas convérteas en zonas resgardadas dos temporais do inverno, algo que aínda é máis notorio na ría de Vigo ao dispor das Illas Cíes como parapeto. Isto permite que podamos desfrutar do mergullo durante todo o ano e que podamos ser testemuñas do paso das estacións baixo o mar.

Aínda que existen interesantes puntos de mergullo no interior da ría, a maioría concéntranse na liña de costa ou nas súas proximidades. Unha franxa entre 1 -20 m que acolle unha enorme variedade de vida.

Dividimos a ría en costa norte, sur e Illas Cíes. Premendo sobre cada zona poderedes acceder a información sobre os puntos de mergullo que alí atopamos e somerxervos neles a través dos nosos vídeos.

BOSQUES DE ALGAS PARDAS

Os bosques de kelp, onde grandes algas pardas que chegan a medir varios metros forman comunidades mestas, son lugares dunha riqueza e biodiversidade enormes. Ao igual ca sucede coas plantas, as algas absorben o dióxido de carbono e xeran osíxeno, actuando como os pulmóns do planeta. Pero o seu maior valor radica na cantidade de vida que acollen ao seu redor. 

Principe P8030289b.JPG
Limacia clavigera P1050049.JPG
Principe P8030371.JPG
P9030156.JPG

FONDOS ROCHOSOS POUCO PROFUNDOS

Son os fondos que predominan na líña de costa, baixos que se estenden dando lugar a recunchos e laños que moitas especies aproveitan para vivir ou buscar acocho. Por outra banda, as rochas son o soporte ideal para aquelas formas de vida que precisan superficies duras para suxeitarse, como as algas, anemones, esponxas ou gorgonias. Deste xeito, ao redor das rochas, creanse grandes e diversas comunidades de diferentes animais. 

PA230631.JPG
P5230138.JPG
Marthasterias glacialis PB070663.JPG
PB030002.JPG

FAROS E BALIZAS

Cualquiera estrutura artificial somerxida rapidamente cóbrese de vida baixo o mar. As balizas non son menos e ao outro lado da superficie congregan  numerosas formas de vida que acaban dando lugar a unhas paisaxes moi especiais 

PA230605b.JPG
Callyostoma zizyphinum P7200047b.JPG
P8010040.JPG
P8010048b.JPG

PRADARÍAS DE ZOSTERA

A zostera é unha planta mariña que medra nos fondos de area formando mestas alfombras cheas de vida. Pero a súa importancia vai máis alá de ser un lugar de refuxo e busca de alimento para multitude de especies. Estas plantas son quen de captar dióxido de carbono, liberar osíxeno e actúan como unha barrera protectora para a costa frente os temporais e o puxar do mar, xa que amainan o seu impacto.

FONDOS DE AREA

Semellan enormes desertos que se estenden sen fin, mais é o lugar no que habitan multitude de animais adaptados á perfección a esta contorna. Na area non hai acochos, así que a camuflaxe se convirte en algo imprescindible. Hai quen é experta en enterrarse, como raias e chocos, e outros vístense con cores que imitan os da area, como moitos peixes planos. 

Pagurus bernhardus PB272539.JPG
P6191044.JPG
P6061098.JPG
PB282545.JPG

FONDOS DE MAERL

O maerl é un alga moi especial:  en troques de ser branda e flexible, é dura coma unha pedra; e non se aferra ás  rocas, senón que vive libremente rodando nos fondos de area. Son seres moi lonxevos, que medran lentamente e forman capas rosas que se estenden sobre a area. Cada alga é unha escultura vivente que adopta unha forma única modelada polas correntes e o rozamento coa area tralo paso dos anos.

VER MÁIS

Maerl P7100143b.JPG
Echinocardium cordatum P9170148.JPG
P4111085.JPG
PA052173.JPG

CAMPOS DE CENOIROS

Os cenoiros son as plumas de mar máis abondosas na ría. Crecen na arena formando amplos campos e poden chegar a medir máis dun metro. Ao seu redor é habitual atopar tiburóns melgacho descansando, grandes congregacións de rañas negras ou os esquivos peces sanmartiño nadando na procura de alimento. 

VER MÁIS

P6220010b.JPG
Punta pereiras P8080081b.JPG
P8281059.JPG
P7041124.JPG

XARDÍNS DE ALGAS

En Galicia temos a sorte de poder gozar dunha variedade enorme de algas, que, en multitude de zonas costeiras, forman fondos multicolor. Estes lugares están cheos de vida e tamén son accesibles cando facemos snorkel na praia. Peixes, ourizos, lapas, lesmas de mar, caranguexos, anemones, caramuxos… son só algúns exemplos de todo o que podemos atopar nun paseo por estas paisaxes.

VER MÁIS

CAMPOS DE ANEMONES

Da ampla variedade de anemones que temos nas Rías Baixas, a anemone común (Anemonia viridis) é a raíña, e, en ocasións, forma grandes poboacións que cobren as rochas. Os seus tentáculos son longos e, ao contrario ca maioría das anemones, non pode retraelos no interior do seu corpo. Esta característica aproveitana multitude de animais, que se refuxian dos perigos baixo as súas longas melenas urticantes. 

Anemonia viridis P7050279.JPG
P1160722.JPG
Anemonia viridis P1160669.JPG
P6220157b.JPG

XARDÍNS DE GORGONIAS

As gorgonias moradas son unha das sinais de identidade máis representativas dos fondos galegos. Corais brandos en forma de abanos que, cando as condicións son favorables, forman amplos xardíns que cobren as rochas, actuando como se fose un monte baixo no que se agocha unha abundante cantidade de vida.

9 zenoiros.JPG
Simnia spelta P7100173-b.JPG
Tedania urgorrii P9080070b.JPG
o ruso P7010117b.JPG

FONDOS ROCHOSOS A MÁIS DE 20 METROS

A partir dos 20 metros, a maioría das algas non poden vivir (xa que non dispoñen de suficiente luz para realizar a fotosíntese) e as amplas zonas de rocha que adoitan cubrir quedan á disposición de formas de vida animal que atopan aquí o seu espazo. Cando visitamos estas zonas, sorprendennos formas de vida menos habituais, coma esponxas, gorgonias, ascidias e briozoos con curiosos aspectos e cores que non encontramos a outras profundidades

P9300085.JPG
Achon_f01_nombre_jr1989.jpg
P8010018.JPG
P7110269.JPG

PECIOS

Os pecios ou barcos afundidos forman arrecifes temporais improvisados. Os restos recóbrense dunha segunda pel viva e serven de gorida a grandes congros e lumbrigantes. Son lugares que xeran unha especial atracción polos seus contrastes e pola historia máis ou menos afortunada que contan estes esqueletos abandonados ao desgaste da forza do mar que acabará por facelos desaparecer.

VER MÁIS

BATEAS

Estas plataformas de cultivo do mexillón crean sorprendentes paisaxes baixo o mar. Entre a multitude de columnas que descenden case ata o fondo, poden verse os xogos de luces e sombras onde os bancos de peixes congréganse na busca de alimento. No fondo, unha enorme estensión de cunchas escuras sepulta a area e provoca a chegada daqueles animais que máis desfrutan de consumir mexillón, as estrelas de mar.

VER MÁIS

P1250175.JPG
P1120152.JPG
PA010037.JPG
PA121539b.JPG

A COLUMNA DE AUGA

Non todas as formas de vida elixen o fondo para asentarse, outros tantos deciden facelo na columna de auga que vai dende a superficie ao fondo. Bancos de peixes nadadores, augamares, cetáceos e mesmo algunha especie de caranguexo fan de este enorme espazo a súa casa.

VER MÁIS

PA070266b.JPG
PA071498.JPG
P4110338.JPG
P4141044.JPG

A ZONA ENTRE MAREAS

A zona intermareal é a parte da costa que queda ao descuberto cando baixa a marea para volver a inundarse cando esta sube. Un lugar cheo de interesantes criaturas que podemos visitar sen necesidade de somerxernos. Cada día, a vida destas paisaxes debe soportar unhas condicións moi duras e adaptarse a cambios enormes de temperatura, humidade e salinidade. Cousas de vivir no límite entre a terra e o mar.

VER MÁIS

P5250269.JPG

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.