top of page

VIDA SALVAXE

PLAY.jpg
  • White Facebook Icon
  • White Instagram Icon

O mundo submarino está cheo de sorpresas. Baixo o mar, a visibilidade apenas déixanos ver uns metros a noso redor, a fuerza da gravidade no é tan poderosa e todo está en constante movemento. Alí, multitude de especies de animais, algas e plantas conviven creando comunidades nas que deben adaptarse.

As dúas motivacións que rixen esta vida salvaxe son a alimentación e a reprodución, pero para conseguir os seus obxectivos, as diferentes formas de vida que habitan nos fondos terán que ter en conta todo o que lles rodea.

Invitámosvos a descubrir algunhas das curiosidades desta vida salvaxe que ten lugar ao outro lado da superficie.

imageedit_2_3538244910.png
imageedit_1_6173054281.png
imageedit_1_7323472317.png
imageedit_1_3914842873.png
reproduccion

BAIXO O MAR TEÑEN LUGAR AS FORMAS DE SEXUALIDADE E CRIANZA MÁIS VARIADAS DO PLANETA

imageedit_2_3538244910.png

REPRODUCIÓN

REPRODUCCIÓN, las anémonas mazeli liberan su amor
Play Video

No inverno de 2019, durante unha inmersión nos Cenoiros fomos testemuñas privilexiadas dun evento único deses que o mar ofrece de cando en vez. Para a nosa sorpresa, decenas de exemplares de anémonas Mazeli estaban elegantemente erguidas nos seus troncos, botando esperma para reproducirse.


Normalmente, estes animais están medio enterrados na area, agardando que algún pequeno e despistado peixe se achegue o suficiente para caer atrapado nos seus tentáculos. Mais a reprodución non é un acontecemento calquera e estas fantásticas anémonas que tantas veces pasan desapercibidas, vestían as súas mellores galas para lanzar todo o seu amor á corrente mariña.

DESBORDANDO AMOR