
SOMÉRXETE
NO MAR SEN TE MOLLAR!!
Grazas á tecnoloxía, agora é posible descubrir o medio mariño sen necesidade de mollarse. Empregamos ROVs (drones submarinos) que nos transmiten en directo as imaxes do fondo do mar para poder visualizalas dende terra e comentar o percorrido descubrindo como é a vida ao outro lado da superficie.

O ROBOT QUE EMITE AS IMAXES DO FONDO DO MAR EN DIRECTO

O MUNDO POR DESCUBRIR AO OUTRO LADO DA SUPERFICIE
ACTIVIDADES PARA VISITAR O FONDO DO MAR SEN TE MOLLAR

DO MAR Á CLASE
DESCUBRINDO O FONDO MARIÑO DENDE A AULA
Conectamos en directo cos centros educativos para ofrecer rutas baixo o mar interpretadas. Poderemos coñecer de primeira man as especies que habitan as nosas augas, as súas ameazas e interactuar preguntando sobre todo aquilo que nos chame a atención.
.jpg)
O MUNDO SOMERXIDO POR DESCUBRIR

O QUE AGOCHA A NOITE
PROXECCIÓNS NOCTURNAS EN DIRECTO
Durante as noites de verán organizamos percorridos submarinos onde as imaxes captadas polo ROV (dron submarino) proxéctanse en tempo real nunha pantalla xigante para gozar da vida noctámbula nos fondos das rías.
.jpg)
CRIATURAS DA NOITE
ESTÁS INTERESAD@ EN REALIZAR ESTAS ACTIVIDADES?
Contacta con nós en 13gradosvigo@gmail.com

RUTAS SUBMARINAS
A VIDA BAIXO O MAR A TRAVÉS DUNAS LENTES DE REALIDADE VIRTUAL
Unha experiencia inmersiva para somerxerse nas paisaxes submarinas da man dunha guía que describe todo o que imos vendo. A oportunidade de mergullar sen se mollar e sen pasar frío ao outro lado da superficie do mar.

O MAR AÍNDA MÁIS PRETO
RUTAS INTERPRETATIVAS SUBMARINAS
VERÁN/OUTONO 2021
ILLAS CÍES - MUSEO DO MAR - PRAIA DA CONGORZA
Para gozar das paisaxes cheas de cores e vida que se agochan ao outro lado da superficie, con estas rutas submarinas puidemos percorrer os fondos mariños gracias a unhas lentes de realidade virtual que reciben a imaxe de vídeo en directo que recolle un ROV (dron submarino).
Logo de llevar a cabo estas actividades nas Illas Cíes, continuamos cos mergullos virtuais notras ubicacións da ría: o Museo do Mar (Vigo) e a Praia da Congorza (Cangas).
No perdas os vídeos para descubrir o que puidemos ver en directo!!

![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() |
![]() |
UN PASEO BAIXO O MAR
VERÁN 2021
ILLAS CÍES - ILLA DE ONS
Entre lusco e fusco, a penumbra inunda os fondos mariños e todo cambia baixo o mar. Moitos animais saen dos seus acochos para ir na procura de comida e outros achéganse a curiosear as luces do ROV. É un momento especialmente interesante para somerxirse e desfrutar das curiosidades mariñas.
Se non puideches acompañarnos durante as proxeccións nocturnas e diurnas en directo deste verán nas Illas Cíes e Ons, deixámosvos algúns vídeos nos que poder gozar dalgúns dos mellores momentos.

![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
VI ENCONTRO natureWatch 2022
Novas tecnoloxías e fondos mariños
PRIMAVERA 2022
CASTELO DE SANTA CRUZ - OLEIROS
Do 24 ao 26 de marzo tiveron lugar as xornadas do Encontro natureWatch 2022, unha oportunidade para coñecer a fondo diferentes experiencias de observación da natureza dende a perspectiva do turismo sustentable e responsable.
Tivemos a sorte de poder participar coa ponencia/experiencia "Novas tecnoloxías e medio mariño" onde explicar e facer partícipes ás personas asistentes da utilidade, accesibilidade e innovación que a tecnoloxía pode aportar á observación e coñecemento do medio mariño.
Tras unha primeira fase de visualización en directo dos fondos submarinos dos alrededores a través do emprego de lentes de realidade virtual, pasamos a realizar un streaming en directo na sala principal do Castelo de Santa Cruz para seguir desfrutando das imágenes que o ROV (robot submarino pilotado dende terra) nos transmitía en tempo real.
Unha experiencia que finalizou cunha pequena mostra do alcance destas ferramentas para somerxernos ao outro lado da superficie do mar coa visualización de contidos submarinos en 360º grazas ás lentes de realidade virtual.
![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() |
![]() |
Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.