top of page

CAPÍTULO 4

DESERTOS : AS EXTENSIÓNS DE AREA

DESERTOS, AS EXTENSIÓNS DE AREA
Play Video

OFIURA NEGRA (Ophiocomina nigra)

Semellante a súa curmá, a estrela de mar, pero moito máis áxil. As ofiuras poden chegar a despregarse por centos sobre as extensións de area.

- Máis información sobre a ofiura negra: AQUÍ

O CHOCO (Sepia officinalis)

Todo se pode esperar cando topamos cos chocos, os mestres da caza cun sorprendente dominio da flotabilidade e a camuflaxe.

- Máis información sobre o choco: AQUÍ

- Se queres ver vídeos de como vai de caza: AQUÍ

RAIA MOSAICO (Raja undulata)

É un dos peixes máis elegantes que podemos admirar na ría, aínda que será polas noites, cando sae a cazar, cando teremos máis posibilidades de ollala sobrevoar a area.

- Máis información sobre a raia: AQUÍ

O CENOIRO (Veretillum cynomorium)

Estes estraños corais brandos érguense na area para abanear na corrente, coma unha horta de cenoiras doutro planeta.

- Máis información sobre o cenoiro: AQUÍ

- Para saber máis cousas dos cnidarios: AQUÍ

O MAERL (Phymatolithon calcareum)

Duro coma unha pedra e de cor rosa, o maerl é unha das algas vermellas máis particulares e descoñecidas dos nosos fondos.

- Máis información sobre o maerl: AQUÍ

- Para saber máis cousas dos ecosistemas que forman: AQUÍ

bottom of page