top of page
jard de gorgons

XARDÍNS DE GORGONIAS

A vida en rosa

As gorgonias pertencen ao grupo dos cnidarios, un nome que, a pesar de resultar moi descoñecido, engloba algúns dos animais mariños máis emblemáticos, como as augamares ou os corais. Gorgonias, anemones, hidrozoos ou plumas de mar completan este plantel de fascinantes personaxes que habitan nos fondos de todo ol planeta. 

De todas as gorgonias que podemos atopar nas augas galegas, a morada é a máis abondosa e representativa. Esta presente dende apenas os 2m de profundidade e, en ocasións, expande as súas poblacóns dando lugar aos chamados  xardíns de gorgonias. Unha sorte de lugares de gran vidae colorido.

JARDINES DE GORGONIAS
Jardines de gorgonias
00:00
Play Video

Jardines de gorgonias

13 GRADOS

Vistas de preto, nas gorgonias podemos apreciar os pólipos brancos que compoñen este animal colonial. Pólipos que se expanden hacia o exterior para captar o alimento ou que se retraen no interior ante situacións máis desfavorables.

A certa distancia, a coloración destas gorgonias amosa unha tonalidade máis azulada ou morada. Soamente ao achegarnos e iluminar coa lanterna as súa ramas apreciaremos a intensidade das súas cores.

Entre as moitas funcións que aportan as gorgonias, a estrutura tridimensional que crean és un lugar ideal para que moitos animais deixen as postas. Tiburóns e raias son algúns dos que acostuman a decorar coa súa futura descendencia estas ramas. Na foto: ovo de tiburón melgacho (Scyliorhinus canicula).

A pesar de que esta gorgonia, a Leptogorgia sarmentosa, case sempre presenta unha coloración dun rosa intenso, poden aparecer exemplares con tonalidades diferentes como o branco, laranxa, amarelo ou unha mistura de varios.

A simnia (Simnia spelta) é un dos mellores exemplos de como a alimentación dun animal determina a súa coloración, contribuíndo, ao mesmo tempo, a súa camuflaxe coa contorna.

Tiburóns e raias non son os únicos animais mariños que botan man das gorgonias para colocar os ovos. Multitude de pequenas formas de vida atopan alimento e acubillo entre as súas ramas, que empregan tamén para colocar as postas. Na foto, un pequeno nudibranquio tritonia gris (Duvaucelia odhneri) xunto a súa posta de cor branco.

Teremos que facer aínda un maior esfuerzo de agudeza visual para atopar as pequenísimas gambas que se agochan nestes abanos de mar. Concretamente na parte central desta fotografía encontramos unha gamba camaleón (Hippolyte varians) facendo honra a o seu nome.

Tamén os chocos (Sepia officinalis) encuentran nestas estruturas un lugar ideal para fixar as súas postas.

Aínda que, habitualmente,  non formen estensos xardíns como a gorgonia morada, nas augas galegas podemos desfrutar de máis especies de gorgonias de diferentes cores, especialmente ao descender a máis de 20 metros de profundidade, onde as gorgonias brancas, amarelas e marróns acompañan aos exemplares morados.

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page