CAPÍTULO 1
CIDADES : OS FONDOS ROCHOSOS SUPERFICIAIS

SARGO (Diplodus sargus) e CHAPARELA (Diplodus vulgaris)
Os peixes máis emblemáticos das nosas costas, cos seus grandes bancos prateados envolven moitas das rochas costeiras.
- Máis información sobre os sargos: AQUÍ
- Para ver nun vídeo as súas congregacións no verán : AQUÍ

O POLBO (Octopus vulgaris)
Oito brazos cheos de ventosas nun corpo brando que pode mudar as súas cores e textura en décimas de segundo.
- Máis información sobre o polbo: AQUÍ
- Para saber máis cousas dos cefalópodos: AQUÍ

NÉCORA (Necora puber)
Ollos vermellos e coiraza de veludo as fan inconfundibles. Son os cangrexos que máis atoparemos nas fendas.
- Máis información sobre as nécoras: AQUÍ

PEIXE PORCO (Balistes capriscus)
Un peixe impoñente que veu dende augas máis quentes, pero cuxa elegante natación xa forma parte da nosa paisaxe submarina.
- Máis información sobre o peixe porco: AQUÍ

DEMO (Parablennius gattorugine)
Un dos lorchos máis abundantes da ría, sempre curioso, asoma os seus cornos vermellos entre as rochas cando pescuda quen está no seu territorio.
- Máis información sobre o demo: AQUÍ
- Para coñecer as diferenzas entre lorchos con cornos : AQUÍ

BOCARRUBIA (Gobius cruentatus)
Os beizos vermellos delatan a identidade deste gran lorcho que, cando desprega as súas aletas, asemella un dragón.
- Máis información sobre o bocarrubia : AQUÍ
- Para diferenciar o demo do bocarrubia : AQUÍ

MARAGOTA e PINTO (Labrus bergylta)
Maragota e pinto, pinto e maragota, polo momento a mesma especie, pero parece que este peixe está a separarse en dúas: por unha banda, as maragotas, de cores uniformes ou con manchas escuras, por outra, o pinto, co seu traxe laranxa de pintas brancas.
- Máis información sobre pintos e maragotas : AQUÍ