ELIxE produtos
de proximidade e tempada
evita o plástico, sobre todo o de un só uso
aposta por productos ecolóxicos
BUSCA A OPCIÓN
de comercio xusto
adquire hábitos que reduzan o consumo enerxético
compra só
o que necesites
comparte a mensaje
ESCOllE PRODUTOS
respectuosos
coos bosques
como sacar plástico da túa vida e non morrer no intento
A verdade é que se nos paramos a pensar en todo o plástico que nos rodea no día a día, parece unha misión imposible desfacerse del. Xa non se trata só de bolsas ou envases, é moi difícil atopar algo que non teña "restos" de plástico. Está por todas as partes: na roupa, os cosméticos, cremas, produtos de hixiene, electrodomésticos, goma de mascar... mirar ao noso redor e atopar tres cousas sen plástico é todo un reto. Mais aínda que a redución do plástico é fundamental, dado que é o maior contaminante nos nosos océanos, debemos afrontar o reto paso a paso. Os efectos máis nocivos son os causados polo plásticos dun só uso, apenas unha curta vida útil (que ás veces pode ser duns minutos) e centos de anos para desintegrarse en microplásticos que contaminan o medio natural. A clave é non agoniarse e tentar retirar esas cousas que, se nos paramos a pensar, ben podemos evitar e cambiar por outras sen demasiado esforzo. As seguintes páxinas que vos deixamos aquí poden darvos algunhas pistas.
NATURALMENTE
Os produtos orgánicos son obtidos de forma natural e respectuosa co medio ambiente. Non usan pesticidas, antibióticos nin outros químicos na súa produción nin son transxénicos. Tamén deben cumprir unha serie de condicións (que se avalían e controlan anualmente) para garantir as condicións de benestar animal e respecto pola natureza.
Entón, ao consumir estes produtos:
- Somos cómplices de prácticas que respectan a natureza, que promoven a diversidade de cultivos e evitan a contaminación por pesticidas e outras substancias químicas
- Esiximos alimentos que se obtiveron tratando aos animais dun xeito máis respectuoso
- Adquirimos produtos saudables
- É moi probable que así estimulemos a economía local, xa que moitos destes produtos son locais
QUE É A AGRICULTURA ECOLÓXICA - Greenpeace
COMO IDENTIFICAR PRODUTOS ECOLÓXICOS
https://www.mapa.gob.es/es/alimentacion/temas/produccion-ecologica/
contrapesANDO A BALANZA
O comercio xusto xorde como unha alternativa que busca, mediante a venda de produtos artesanais e sostibles, un intercambio comercial equitativo dirixido a favorecer as comunidades produtoras, que son sectores ameazados pola pobreza e a desigualdade.
Cando escollemos produtos de comercio xusto:
- Estamos a dar outra oportunidade e un xeito de saír adiante ás poboacións desfavorecidas, cuxas condicións de pobreza ou exclusión dificultan moito un futuro digno
- Esiximos produtos que garanten un prezo e unha comercialización xusta para todas as partes, produtores e consumidores
- Mercamos produtos elaborados de xeito respectuoso coa natureza
- Somos cómplices dunha rede comercial que loita contra a explotación infantil, defendendo a igualdade de xénero e unhas condicións laborais dignas
QUE É O COMERCIO XUSTO - Coordinadora estatal
http://comerciojusto.org/que-es-el-comercio-justo-2/
VoLVE A0 MERCADO - KILÓMETRO 0
O consumo de produtos locais é a elección de alimentos colleitos
ou procesados nun radio máximo de 100 km.
Cando os eliximos:
- Aforramos as emisións contaminantes de dióxido de carbono
asociadas ao transporte a longa distancia
- Estamos a escoller produtos de calidade e de tempada, moitas
veces tamén ecolóxicos
- Evitamos os envases de plástico para a súa conservación
- Fomentamos o desenvolvemento de pequenos produtores na
comunidade a nivel local
Un dos criterios que nos poden axudar a seleccionar produtos de proximidade é escoller alimentos en tempada. Nas páxinas que vos deixamos podemos usar buscadores para descubrir os peixes ou hortalizas que están en tempada cada mes.
https://pescadodetemporada.org/
CONSUMO CoIDADO
REDUCIR o consumo de enerxía no día a día e optar por unha enerxía e recursos máis sostibles é esencial para preservar o medio ambiente e contribuír a unha diminución dos impactos que aceleran o cambio climático e a contaminación. Desde o uso de transportes menos contaminantes como as pernas, a bicicleta ou o autobús, ata facer pequenos cambios na casa.
que é suficiente?
Estímase que arredor dun terzo da comida que mercamos vai ao lixo, e estamos a falar de algo necesario como a comida, mais é un dato que pode facernos pensar como consumimos calquera produto.
Que é realmente necesario?
Planificar as compras en función do que xa temos pode axudar a axustarnos mellor para mercar só o que necesitamos.
UN MAL MENOR
Da madeira das árbores obtemos infinidade de produtos. A inadecuada explotación dos bosques, como sucede co mar, non só esgota os seus recursos, levándonos cara a un futuro sen eles, senón que aumenta de xeito exponencial o cambio climático e a contaminación, ao tempo que pon fin á enorme biodiversidade destes necesarios ecosistemas.
Como en todo o demais, o primeiro paso útil é REDUCIR, tentar minimizar o uso destes produtos sempre que sexa posible (por exemplo, evitar imprimir o que poidas usar en formato dixital). REUTILIZAR tamén é unha boa opción (imprimir por ambos os lados do papel ou darlle un novo uso aos lados non impresos). Finalmente existe o RECICLAXE para poder estender a vida e a utilidade destes materiais e a elección de produtos cunha etiqueta que garanta que a explotación dos bosques segue uns criterios mínimos de sustentabilidade.
Cando optamos por produtos con esta etiquetaxe:
- Asegurámonos de que non proveñan de bosques protexidos
- Colaboramos cunha xestión forestal máis respectuosa co medio natural