top of page

bichos raros... pero isto que é ?

Aínda que no mar todo é raro nun principio, conforme vas mergullando acostúmaste a formas de vida peculiares que, a pesar de ser grandes descoñecidas, son abondosas. Mais, cando crías que xa o viras todo, de súpeto, durante unha inmersión o nun paseo pola praia descobres algo novo que te desnorta. Nesta sección facémoslle un oco a eses achados sorprendentes que topamos e que nos abraian cando descubrimos o que son.

Se a ti tamén te pasou e apetéceche compartilo para que o poñamos aquí, mándanos as imaxes e cóntanos o teu descubrimento : 13gradosvigo@gmail.com

Bichos Raros - Crepidula
Play Video

pezuño de gato?

Cando dimos con este curioso animal paseando pola praia, chamounos moitísimo a atención, xa que nunca víramos nada parecido. Era duro, como unha cuncha con forma de pata de gato. Investigando un poco, descubrimos que era un tipo de molusco, a zoca ou lapa zapatilla  (Crepidula fornicata), pero o que atopáramos non era unha soa lapa, senón varias aferradas entre si. Ao parecer, o habitual é encontralas así, formando cadeas que van da lapa máis grande na base ás máis pequenas, orixinando estas caprichosas formas. A zoca máis grande é unha femia e a ela se van apegando as zocas macho (máis pequenas) que, ao medrar, transformanse en femias e outros machos pequenos volven a apegarse sobre elas creando esta cadea.

A praia é un lugar fantástico para ver diferentes formas de vida mariña que viven entre dous mundos segundo suba o baixe a marea, pero tamén para achar pequenos tesouros como este, que chegan á orela orilla arrastrados pola corriente.

flor mariña?

Tamén foi unha sorpresa atopar esta pequena flor laranxa. Nunca a encontráramos antes e nesa inmersión vimos dúas, unha enganchada nas algas e outra na zostera. Lembrounos ás anemones, aínda que con poucos tentáculos e un xeito estraño de aferrarse, así que tomamos fotos para buscar o que era na casa. Pois ben, resultou ser familiar das anemones, xa que tamén pertence aos cnidarios, pero tratábase dunha augamar!, pero non dunha augamar calquera que vaga na corriente, era a augamar caleidoscopio (Halyclistus auricula). Esta medusa ten un talo na parte oposta aos oito tentáculos que lle permite suxeitarse ao sustrato o ás algas e soltarse para cambiar de lugar cando aquel no que esta non é favorable para capturar o zooplancto e os pequenos peixes dos que se alimenta. Quizais o motivo de que non a miráramos antes é que desaparecen durante longos periodos de tempo.

Hai seres que superan a ciencia ficción e proba diso é o fascinante verme culler do vídeo, a bonelia (Bonellia viridis). Estes animais, tamén coñecidos como equiuroideos ou equiuros, semellan goma de mascar de cor verde escura capaces de estirarse ata 1 m de lonxitude. Mais iso nas femias, porque esta especie amosa un marcado dimorfismo sexual, é dicir, femias e machos presentan un aspecto moi diferente. Mentres as femias teñen ese corpo alongado e flexible en forma de Y, os machos apenas miden 2-3 mm e viven adheridos ao corpo da femia (do que obteñen o alimento), limitando a súa existencia basicamente a labores reprodutivas. Cada femia pode ter máis de 80 machos adheridos e, cando se reproducen, o sexo das larvas definirase polo lugar no que se asenten: se están preto dunha femia convertiranse en machos, mentres que no caso contrario desenvolveranse como femias.

¿GOMA DE MASCAR BAIXO O MAR?

En la playa aparecen cosas de lo más sorprendentes. Si eres aficionada a recoger el plástico cuando paseas por la arena, es posible que en alguna ocasión te topases con esto, incluso que lo cogieras pensando que se trata de basura, pero nada más lejos. Estas curiosas estructuras son los flotadores internos de un peculiar animal, la vela de mar (Velella velella), que, cuando impulsado por el viento, vara el la orilla y muere, deja este vestigio como prueba de su paso. Las velas de mar son cnidarios (parientes de medusas, gorgonias o anémonas), concretamente hidrozoos: animales coloniales formados por pequeños individuos que juntos constituyen un todo. A diferencia de otros hidrozoos, los individuos de estas colonias son de diferentes tipos y formas, dando lugar a estas curiosas formas de vida.

¿PLÁSTICO?

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.

bottom of page