IlLAS CÍES - FORNOS / PUNTA PEREIRAS
Punto costeiro e pouco profundo na cara interna da illa sur de Cíes, que pode percorrerse cara ao norte partindo do pequeno peirao situado preto de Punta Xesteira (zona de Fornos), ou ao revés, dende a saída ao pé do monte Pereiras cara o sur (zona Punta Pereiras). A zona de Fornos recibe este nome polas múltiples furnas nas súas rochas.
Toda esta costa ten un desprendemento de rochas con numerosos recunchos e buratos de diferentes tamaños, o que a converte nun bo lugar para explorar na procura dunha grande variedade de vida.
Os dous lugares son moi semellantes. Bos sitios para observar unha grande variedade de algas, tanto verdes como pardas ou vermellas, aínda que as laminarias e planchíns son as raíñas durante o verán. É un excelente lugar para observar unha grande variedade de peixes lábridos, algúns, como os gaiáns macho, só se atopan con frecuencia aquí. Tamén veremos grandes xulias, maragotas e pintos, taberneiros e farros. Mención especial merecen os lorchiños que, coincidindo coa proliferación de laminarias durante o verán, forman interminables nubes de bancos. Tamén están presentes con frecuencia grandes sargos e bancos de bogas.
Pero entre as rochas a variedade tamén é enorme: nesta parte son comúns as orellas de mar, os lorchos, os cogombros con tentáculos, as centolas, os peixes escorpión ou os peixes de pipa.
Fóra da tempada estival as rochas están algo máis "libres" de algas, o que nos permite apreciar mellor a variedade de esponxas, ascidias e anémonas que decoran as rochas. Así como algúns habitantes habituais que coa ausencia de laminaria non están tan camuflados: congros, lumbrigantes, centolas, nécoras e polbos.
No bordo entre rochas e area, os chocos, vermes tubícolas e peixes planos abundan durante todo o ano.
FORNOS - Islas Cíes
FORNOS - Islas Cíes
Punta Pereiras (23-02-2020) - CHOCOS Y ESPIROGRAFOS
Fornos
as nosas fotos
MÁNDANOS as túas fotos CON ALGO INTERESANTE QUE fotografases neste lugar e AS INCLUIREMOS
as VosAs