ZONA PROFUNDA

MÁIS PROFUNDIDADE
MENOS LUZ
As algas, demasiado lonxe da luz solar, van deixando o seu lugar nas rochas para outros animais que tamén viven suxeitos nos fondos.

ESPECIES ÚNICAS
Nestes puntos de mergullo aparecen especies que non medran noutros lugares, como as esponxas tubo amarelas.

AO GRANDE
Outras especies, que poden aparecer ocasionalmente a menos profundidade, abundan neste tipo de fondos e alcanzan tamaños que non se ven noutros lugares.

CORES NA ESCURIDADE
O resultado é unha explosión de cores espectacular que se espalla sobre as rochas cando as percorremos coa luz da nosa lanterna.
PRÓXIMAMENTE AMOSARÉMOSVOS CON MÁIS IMAXES ALGÚN DESTES PUNTOS TAN ESPECIAIS :
As Raeiras Banco de Melide
Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.