ZONA costeirA

ONDE AS ALGAS SON AS RAÍÑAS

A pouca profundidade é onde chega máis luz e isto aproveitárono as algas para dominar os primeiros metros de profundidade

A CADENA DA VIDA

A abundancia de algas permite a presenza de múltiples animais herbívoros, así como dos seus depredadores, dando lugar a ecosistemas dunha grande biodiversidade

TURISMO GASTRONÓMICO

Hai moitos habitantes habituais destes fondos pouco profundos, pero moitos outros visitantes de paso, que virán a estas zonas costeiras en busca de alimento

A ROCHA

Á presenza de gran cantidade de luz e algas hai que engadir a natureza rochosa da nosa costa, que se perfila dando lugar a illotes e laños ideais para a vida submarina

O VALOR DO TERRITORIO

Cada centímetro de rocha é un espazo cobizado polo que paga a pena loitar e onde xorden "amizades" de todo tipo.

SoMÉRxETE nALGún DOS PUNTOS COSTEiROS MÁiS VISITADOS DA RÍA :

 Islote Viños                   A Furna                        Cala do rei                     Tofiño                      Fornos

          Punta Muxieiro             Areamilla                     Punta Subrido              Castros de barra

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.