top of page

Si quieres acceder a los contenidos completos y ver más información e imágenes de los peces y cetáceos de la ría, échale un vistazo a nuestra versión para ordenador.

PECES CARTILAGINOSOS

ANIMAIS - VERTEBRADOS - PEIXES CARTILAXINOSOS

PECES CARTILAGINOSOS

PECES CARTILAGINOSOS
¿Cómo se entierran las rayas?

¿Cómo se entierran las rayas?

00:17
Play Video

Os tiburóns, raias e quimeras pertencen a un grupo chamado condrictios, o que significa peixe - cartilaxe, que xunto coa ausencia de vexiga natatoria serán as principais diferenzas cos peixes óseos. Son animais cun sistema sensorial moi desenvolvido, o que os fai manexar unha gran cantidade de información que reciben a través de distintos sentidos. Cun cerebro moi grande, o cal está relacionado coa súa capacidade de aprendizaxe, e órganos adaptados efectivamente á alimentación, como a súa mandíbula protráctil. Todo isto convérteos en depredadores moi eficientes que están no alto da cadea trófica. 

Para nadar, os TIBURÓNS axúdase dun alto contido de aceite no seu grande fígado (representando ata o 20% do peso total), así como da estrutura, disposición e funcionalidade das súas aletas, que se complementan para favorecer a hidrodinámica. Ademais, no canto de ter escamas, a pel ten pequenos dentes afiados e orientados cara atrás (dentículos dérmicos). O melgacho tamén é coñecido como tiburón lixa por este feito, e a súa pel mesmo se usaba como tal na antigüidade. 

Ademais da flotabilidade e a hidrodinámica, nos tiburóns debemos resaltar os seus sentidos. Como depredadores de alto nivel desenvolveron unha sensibilidade moi complexa para detectar presas. En primeiro lugar e como detección a longas distancias, utilizan os seus desenvolvidos sistemas de olfacto e ouvido. O olfacto é esencial, xa que funciona a máis de 100 metros de distancia e desencadea movementos automáticos de persecución de presas, son especialmente sensibles aos cheiros relacionados cos alimentos. Permítelles tamén identificar o xénero e a disposición sexual doutros exemplares. Para a audición empregan o oído e a liña lateral do seu corpo, podendo percibir frecuencias moi baixas mesmo a un quilómetro de distancia. 
Nas distancias curtas usan o sentido da vista, aínda que os ollos son quizais o seu punto máis vulnerable. Tanto é así que teñen mecanismos especiais de defensa. Algúns tiburóns, como os tiburóns brancos, viran os ollos cara ao interior durante os ataques para protexelos. Outros teñen unha terceira pálpebra protectora (membrana nictitante). Deste xeito, os tiburóns quedan "cegos" no último momento do ataque, intre no que usan un sentido diferente, o eléctrico. Dispoñen de órganos especiais en todo o corpo, e especialmente na cabeza, as
ampolas de Lorenzini, que son extremadamente sensibles aos cambios eléctricos nas distancias curtas (medio metro). 

Isto todo convérteos en depredadores excepcionais, aínda que son moito máis inofensivos do que estas características poderían facernos pensar, de feito, os humanos representan unha ameaza moito maior para o tiburón do que ao revés. A imaxe que moitas persoas teñen dos tiburóns debido aos filmes difire moito da realidade. Ninguén nega que sexan animais salvaxes e poden ser perigosos, especialmente se non se respecta o seu espazo, pero nós non somos parte da súa dieta nin atacan por deporte. De feito, estímase que a probabilidade de ser atacado por un tiburón é de 1 entre 11 millóns e que este ataque provoque a morte de 1 entre 265 millóns. Pola contra, cada ano factores relacionados directamente co comportamento humano, como a sobrepesca, o uso de artes de pesca agresivas que as capturan indirectamente ou a contaminación, deciman de maneira importante todas as especies de tiburóns, algúns dos cales viron reducido o seu número nun 80% (como a melga) e cada vez máis especies están en perigo ou ameazadas de extinción. 

As RAIAS desenvolveron moito as súas aletas pectorais para "voar" na auga, esténdense ao longo do seu corpo aplanado ata as aletas pélvicas. Deste xeito obteñen flotabilidade en ausencia de vexiga natatoria, nadando e planando. A pesar do que poida parecer, os seus movementos son moi áxiles e teñen unha grande manobrabilidade. 
A súa cola reduciuse a unha delgada prolongación a xeito de látego onde se atopan as aletas dorsais. Non teñen aleta anal e en vez de escamas na pel, ou teñen
dentículos dérmicos, que lle dan un tacto áspero ou teñen a pel lisa cuberta de mucosa. 

Para defenderse, algunhas desenvolveron aguillóns, que poden ser velenosos, ou incluso órganos que poden producir descargas eléctricas. Cando teñen aguillóns velenosos, como as ouxas ou os chuchos, estes están na súa fina cola. Normalmente teñen un único aguillón conectado a unha glándula que segrega unha mucosa tóxica. Os efectos destas picaduras dependen da súa intensidade e van dende calambres e parálise parcial ata dificultades respiratorias. 

Por outra banda, unhas 17 especies de raias desenvolveron a capacidade de producir descargas eléctricas, todas elas raias torpedo, grazas aos músculos modificados na súa cabeza. Estes órganos electróxenos teñen a súa polaridade positiva na parte dorsal e a negativa na parte ventral, polo que a descarga é especialmente intensa cando se tocan os dous lados da raia. Son capaces de modular a intensidade da descarga segundo a súa función, polo que, cando a usan para defenderse ou capturar presas, é máis intensa que cando a usan para comunicarse entre elas. 
Dado que as raias tenden a enterrarse na area, é importante ter coidado de non molestar para evitar estas respostas de defensa.

 

Os seus sentidos tamén tiveron que adaptarse a vivir no fondo. Dado que o seu corpo está aplanado, os ollos están no lado superior, polo que non lle deixan ver o que hai debaixo, pero isto compénsao co seu desenvolvido olfacto e os electrorreceptores que ten do lado ventral.
 

raya y pintarroja

Os tiburóns sempre despertaron moita fascinación e non é de estrañar, dado que son animais cunha longuísima historia evolutiva que permitiu a mellora da especie. Xa habitaban os mares antes da extinción dos dinosauros, e coidamos que xurdiron hai uns 400 millóns de anos.

Falaremos do MELGACHO que é o que atoparemos mergullando na ría. Pero en Galicia hai outros tipos de tiburón que pode verse ocasionalmente. Para máis información, deixámosvos a ligazón a unha páxina fantástica, que dificilmente pode mellorarse: 

O melgacho pertence á orde dos carcariniformes (como a cornuda ou tiburón martelo, a quenlla e o tiburón oceánico ou de puntas brancas), que se caracterizan por teren o aspecto típico de tiburón con : 

- 2 aletas dorsais moi atrás
- 5 fendas branquiais a cada lado
- ausencia de espiñas nas aletas
- boca situada detrás dos ollos
- terceira pálpebra protectora (membrana nictitante)

As raias son animais moi antigos, do período xurásico e calcúlase que levan 150-200 millóns de anos no mar. Son maioritariamente bentónicas (viven no fondo do mar) polo que adaptaron a forma do seu corpo a este estilo de vida: con cores que lles permiten camuflarse, un corpo aplanado para poder enterrarse e carecendo de aleta anal. 
Nadan grazas ás ondulacións das súas grandes aletas pectorais, que percorren todo o seu corpo e na parte ventral, apoiadas na area, é onde se atopan a boca, os orificios nasais, as branquias (por onde bota a auga ao respirar) e os electrorreceptores. 

A raia que atopamos con máis frecuencia na ría é a RAJA UNDULATA ou RAIA RISCADA, cuxas aletas pectorais están moi desenvolvidas e estendidas ao longo do corpo, úsanas con movementos ondulatorios para moverse. Pode superar o metro de lonxitude, ten un corpo en forma de disco romboide, máis ancho do longo, e un fociño curto

Como son bentónicas carecen da aleta anal e teñen na súa parte dorsal os espiráculos (dous buratos xusto detrás dos ollos) por onde entra a auga para respirar, de xeito que non entre area, o que sucedería se tomasen a auga por a boca como fan algúns tiburóns.
 

r. mosaico 43.566.bmp
pintarroja.00_00_00_00.Imagen fija001.jpg
pintarroja DIB GAL.jpg
raya mosaico pterigopodios
raya mosaico raja undulata
raya mosaico raja undulata
huevo raya mosaico playa
dibb raya n gal.jpg
PA052165.JPG
tiburón pintarroja melgacho scyliorhinus canicula
tiburón pintarroja melgacho scyliorhinus canicula
Pintarroja tiburón

Os tiburóns teñen unha baixa taxa de fecundidade, teñen poucas crías e necesitan unha maduración longa, polo que é esencial respectalos e coidalos. 

Ten hábitos nocturnos, polo que durante o día móstrase bastante desganado e non se move a menos que nos acheguemos demasiado. Nada grazas aos movementos ondulatorios da súa cola sen subir demasiado do fondo areoso. É á noite cando vai cazar moluscos, crustáceos e outros peixes que compoñen a súa dieta. 

Podemos atopar melgachos en Os Cenoiros, A Furna, Cabo de Mar ou Frapelo. Normalmente estarán en fondos areosos ou de cascallo, pero tamén poden aparecer en zonas de rochas, camufladas entre algas ou nas pradarías de zostera. 

Ocasionalmente avístanse outro tipo de tiburóns dentro da ría. É máis normal que aparezan exemplares de marraxo ou tiburón peregrino ao pasar as Illas Cíes, no interior da ría pode chegar algunha cría de quenlla ou tiburón azul.
 

É un dos poucos tiburóns ovíparos e os seus ovos, moi característicos, consisten nunha bolsa rectangular da que saen filamentos enrolados polos extremos para que poidan collerse nas gorgonias ou algas. Coñécense como "bolsos de serea" e non é raro atopar as súas envolturas na beiriña dalgunhas praias. A posta realízase especialmente na primavera e cada femia pode pór ata 100 ovos ao ano, dous en cada posta. 

Coma outras pequenas especies de tiburón, para aparearse o macho enróscase arredor da femia e introduce o pterigopodio (órgano reprodutor masculino) que estea máis preto dela, dado que teñen dous, un a cada lado nas aletas pélvicas. Este trazo é moi útil para poder diferenciar a femias e machos a simple vista, aínda que nos melgachos non é tan sinxelo de ver como nas raias.

É de cor agrisada ou beixe claro con pequenas manchas escuras espalladas polo corpo, que poden ser algo máis grandes nas aletas. Ás veces ten bandas transversais dun gris máis escuro. A parte ventral é case branca, sen manchas e na parte inferior do morro ten grandes orificios con dobras que chegan á boca. 


A cola é heterocerca, é dicir, asimétrica (a diferenza dos peixes óseos, que é simétrica ou homeocerca), co lóbulo superior máis desenvolvido para favorecer a hidrodinámica e o inferior acurtado de xeito que non dificulte os seus movementos a rentes da area. 

En concreto, o melgacho pertence á familia dos tiburóns gato que son de tamaño pequeno, ao redor de 1 m, corpo moi delgado e ten un fociño curto e redondo. Os ollos son ovalados e xusto detrás están os espiráculos. O melgacho é bentónico, vive nos fondos, polo que ten estes espiráculos (pequenos buratos) para favorecer a entrada de auga que lles permite respirar aínda cando estean inmóbiles. As aletas, en xeral, son pequenas.

As raias riscadas son máis activas pola noite, polo que durante o día normalmente están pousadas ou enterradas na area, perfectamente ocultas e deixando ver apenas os ollos e os espiráculos. Pódense ver en puntos como Os Cenoiros, Frapelo ou Cabo de Mar, aínda que poden aparecer practicamente en calquera lugar da ría. 

------------------------------------------------------------------------------------

Ocasionalmente na ría pódense observar outros tipos de raia: 

- Dasyatis pastinaca, ouxa ou ferreiro, que ten un corpo máis liso e unha coloración uniforme gris escuro. Teñen un aguillón velenoso na base da cola que poden substituír cando o perden.

- Torpedo marmorata ou tremedeira, máis redondeada e cun corpo xaspeado. Hai que ter coidado porque poden producir descargas eléctricas. 

Hai máis especies presentes na ría, aínda que menos abundantes que a raia riscada. Para máis información: 
 

Son ovíparas, é moi frecuente atopar a envoltura dos seus ovos nalgunhas praias. Son moi característicos pola súa cor negra e pola súa forma rectangular con filamentos enroscados nos seus catro extremos. Poñen ao redor de 30 ovos ao ano, especialmente durante a primavera.

A súa cola é estreita e alongada, úsana como temón e nela sitúanse as pequenas aletas dorsais. Os machos teñen unha fileira de espiñas ao longo da cola a cada lado, mentres que as femias teñen dúas filas. Entre o disco e a cola atópanse as aletas pélvicas, con dous lóbulos alongados cada unha, que se estenden cara atrás. Entre elas e a cola atópanse os pterigopodios (órganos reprodutores masculinos), a simple vista é como se tiveran outro lóbulo engadido e permite diferenciar facilmente a simple vista a femia e o macho. Estes pterigopodios, ademais de ser retráctiles, pódense virar para facilitar a fecundación. 

Para camuflarse nos fondos ten unha cor agrisada, ás veces con tons amarelentos, decorada cun debuxo de raias escuras onduladas e puntos brancos cun bordo escuro. Os puntos brancos que bordean as liñas escuras son máis pequenos e outras áreas parecen outros máis grandes. 
A zona ventral é branca e nela están localizados os orificios nasais e as fendas branquiais.
Tamén a boca e os receptores electro-sensoriais están de cara á area, facilitando así a detección e captura de presas, dado que as raias riscadas tenden a rastrexar os fondos areosos na procura de alimento, incluídos os equinodermos, crustáceos e bivalvos. 

Presenta unha textura rugosa na parte dorsal, con dentículos dérmicos e múltiples espiñas espalladas polo disco (máis nas femias), especialmente na liña dorsal. 
Algo que chama moito a atención nas raias riscadas é a forma dos seus ollos, dado que as súas meniñas teñen unha curiosa forma de folla de fento. Ademais, diante e detrás dos ollos, son visibles dous pares de espiñas. Xunto a elas atópanse os espiráculos. 

otros tiburone y rayas

ALTA TENSIÓN

As tremedeiras ou torpedos son raias capaces de producir descargas eléctricas. DispoÑen de 2 órganos internos (electroplastos) a cada lado da cabeza que evolucionaron a partir de músculos para xerar estas descargas.

Os torpedos teñen o corpo moi redondeado, coa cola curta e estreita, alcanzando unha lonxitude duns 80 cm. A parte ventral (cara a area) é branca, mentres a súa coloración na zona dorsal presenta un xaspeado en tons marróns (habitualmente puntos pequenos e abondosos máis escuros sobre un fondo máis claro).

As dúas aletas dorsais sitúanse próximas ás aletas pélvicas e a aleta caudal é ampla e potente.

Chama a atención os seus pequenos pero prominentes ollos, que se sitúan na parte dianteira e moi próximos entre sí. Xusto detrás deles están os pequenos espiráculos, con forma de estrela.

Atoparémolas en fondos de area ou fangosos, descansando e, a miúdo enterrada, durante o día e máis activa durante a noite. Xa que os animales dos que se alimenta tamén o están.  Emprega as descargas eléctricas tanto para paralizar a súas presas (peixes de fondo e pequenos crustáceos e moluscos) como para defenderse. A maior tamaño do exemplar maior potencia de descarga, que habitualmente está en torno aos 45 V.

TORPEDO 8.482.jpg
DIAPOSITIVAS DE TIBURÓNS E RAIAS
diferencias

DIFERENZAS ENTRE
PEIXES ÓSEOS - PEIXES CARTILAXINOSOS

En realidade, os peixes óseos e cartilaxinosos son moito máis diferentes do que poderiamos pensar. Comparten importantes características de adaptación ao medio acuático como as extremidades en forma de aleta e a respiración branquial, mais hai unha diferenza evolutiva entre un sargo e un melgacho como entre un ser humano e unha pomba.

PEIXES ÓSEOS                                                              PEIXES CARTILAXINOSOS

Esqueleto óseo formado por espiñas                                                                                                            Esqueleto cartilaxinoso, máis lixeiro

Mentres que os peixes óseos desenvolveron un esqueleto de pezas calcificadas en óso, os cartilaxinosos, como o seu nome indica, teñen un esqueleto feito de cartilaxe. Este, ao ser máis lixeiro e flexible, favorece a súa flotabilidade e a natación. 

Opérculo que protexe as branquias                                                                                                        Fendeduras branquiais ao descuberto    

As branquias son un dos maiores logros dos peixes. Debido á dificultade para obter osíxeno na auga (hai 20 veces menos osíxeno que no aire), os peixes desenvolveron o sistema respiratorio máis eficaz no reino animal. Tanto os peixes óseos como os cartilaxinosos crean correntes de auga opostas á corrente de fluxo sanguíneo, o que lles permite tomar máis osíxeno grazas a esta "contracorrente". Pero os seus sistemas respiratorios son moi diferentes, mentres que os peixes óseos cobren os filamentos e as láminas finas que forman as súas branquias cunha "tapa" de protección móbil, os peixes cartilaxinosos teñen fendas branquiais, directamente abertas ao exterior para favorecer a saída da auga que entra pola súa boca. Ademais, os tiburóns e raias (cartilaxinosos) teñen espiráculos, uns buratos complementarios, situados ao lado dos ollos. 

                              

Aletas brandas e flexibles                                                                                                                                                                           Aletas ríxidas

As aletas dos peixes óseos son flexibles, pódense apoiar con raios máis duros, como espiñas ou brandos, pero sempre permitindo o seu movemento e retracción. Pola súa banda, os peixes cartilaxinosos teñen aletas, xeralmente grandes, ríxidas e laminares, apoiadas por pezas de cartilaxe. A fixación de aletas máis duras dálles estabilidade e favorece moito a natación, xa que están dispostas de xeito que maximice a hidrodinámica. 

Aleta caudal (cola) simétrica                                                                                                                                                  Aleta caudal asimétrica

As aletas de cola tamén son diferentes, nos peixes óseos poden tomar diferentes formas pero os seus lóbulos son sempre simétricos. Os peixes cartilaxinosos téñenos asimétricos, sendo o lóbulo superior máis grande que o inferior, aínda que ás veces é case imperceptible. Este feito está relacionado cos hábitos de caza, xa que as aletas asimétricas favorecen os rápidos impulsos que os tiburóns e raias empregan para capturar as súas presas. Ademais, os exemplares que atoparemos na ría son bentónicos, é dicir, viven no fondo, polo que o lóbulo inferior da cola estorbaría e carecen del tanto melgachos como as raias riscadas. 

Vexiga natatoria                                                                                                                                                                                   Outros recursos

Dado que os peixes son máis pesados que a auga, precisan algo que lles axude a reducir o esforzo de nadar. Na maioría dos peixes óseos isto resólvese cun "gran invento", a vexiga de natatoria (os que viven no fondo normalmente non a necesitan e, por iso, a perden). Un órgano axustable que contén gas no seu interior, de xeito que actúa como unha bolsa de flotación que se axusta aos cambios de presión e permite que os peixes queden suspendidos na auga. Os peixes cartilaxinosos, por outra banda, non teñen vexiga natatoria, senón que desenvolven outras estratexias que facilitan a natación. Como xa temos visto, que o seu esqueleto estea formado por cartilaxe, máis lixeiro que o esqueleto óseo, é unha delas, e a presenza de aletas semi-ríxidas que favorecen a hidrodinámica, é outra. Ademais, os tiburóns teñen un alto contido de aceite no seu fígado que, debido á diferenza de densidade coa auga, actúa como un flotador. A estratexia máis común para evitar ir ao fondo é a natación constante. 

Líña lateral                                                                                                                                                                         Ampolas de Lorenzini

Debido a que a auga e o aire son medios moi diferentes, o sentido do tacto no mar tamén é diferente. A maioría dos peixes óseos teñen unha liña lateral que percorre lonxitudinalmente o seu corpo polos dous lados, o que lles permite percibir as vibracións e o movemento ao seu redor. Os peixes cartilaxinosos, ademais da liña lateral, teñen as Ampolas de Lorenzini, un órgano electro-sensorial moi sensible a distancias curtas para localizar con precisión as presas (é por iso que, aínda que están presentes en todo o corpo, abundan especialmente na zona da cabeza). Parece que este sentido tamén inflúe na orientación durante as migracións dalgunhas especies, permitíndolles detectar cambios eléctricos no campo magnético da Terra.

Escamas que recobren o corpo                                                                                                                        Dentículos dérmicos ásperos

Aínda que non todos, moitos dos peixes óseos cobren o seu corpo con escamas, o que lles permite impermeabilizar o seu corpo á entrada de auga. Pola súa banda, os cartilaxinosos teñen pequenos dentes que cobren o seu corpo, os dentículos dérmicos. A presenza e disposición destes apuntadas láminas cara a atrás significa que se pasásemos unha man sobre un tiburón de cabeza a cola, a súa pel sería suave, mais se o facemos no sentido contrario, sería rugosa como papel de lixa. A presenza destes dentículos débese a que favorecen a hidrodinámica, de feito, canto máis pequenas sexan estas, maior eficiencia hidrodinámica. Nalgunhas especies, especialmente de raias, tamén teñen unha función defensiva, dado que se modifican formando espiñas. 

Reprodución masiva                                                                                                                                                            Baixa fecundidade

No mundo mariño hai varias formas de reproducirse, en xeral as estratexias reprodutivas entre peixes óseos e cartilaxinosos son moi diferentes. Os peixes óseos son ovíparos e reprodúcense poñendo gran cantidade de ovos fecundados, xa que moitos deles pasarán a formar parte da dieta doutras especies. Pola súa banda, tiburóns e raias son K estrategas, é dicir, teñen moi poucas crías, que maduran lentamente ata chegar a grandes tamaños, pero son altamente viables e independentes. Isto fai que as especies de peixes cartilaxinosos sexan moito máis sensibles á sobrepesca, dado que é moito máis difícil que recuperen as súas poboacións ter procesos máis lentos.

Órganos reprodutores internos                                                                                                                        Órganos reprodutores externos

Relacionado co anterior, atopamos outra diferenza anatómica importante. Os peixes óseos normalmente realizan fecundacións externas, depositan os seus numerosos ovos que son fecundados fóra da femia. Para iso teñen as gónadas dentro da súa cavidade abdominal, polo que, estando dentro do seu corpo, non reducen a hidrodinámica. Os peixes cartilaxinosos, pola súa banda, realizan fecundacións internas, os machos precisan órganos sexuais que poder introducir na femia e estes (chamados pterigopodios ou clásper) están situados no exterior. Os dous pterigopodios que ten cada macho están situados entre as aletas pélvicas e a cola, facilitando a distinción de femias e machos a simple vista.

Non substitúen os dentes                                                                                                                       Substitúen constantemente os dentes

Os dentes dos peixes óseos están "pegados" ás mandíbulas, cando perden algún, o que non é fácil, quedan sen el. Pola contra os tiburóns e as raias substitúen constantemente a súa dentadura, que se incrusta nas enxivas.

FICHAS  identificación PROVISIONAL-página003.jpeg
FICHAS  identificación PROVISIONAL-página035.jpeg

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o su uso non autorizado.

imageedit_1_9771102722.png
bottom of page