FONDOS DE AREA

UN DESERTO VIVO

Parecen desertos, pero estes fondos, a primeira vista deshabitados, serven de fogar para moitos animais. A camuflaxe é a estratexia estrela e os que viven aquí adoptan a cor da area ou se enterran parcialmente para pasar desapercibidos

DISFRACES IMPOSIBLES

Hai formas de vida que levan ao extremo o mimetismo co medio. Este verme tubícola cobre o seu corpo con grans de area tan minuciosamente que dificilmente podemos adiviñar que se trata dun animal.

NON TODO É AREA

Sobre estes monótonos fondos xorden oasis densos e coloridos que congregan moita vida ao seu redor, como sucede cos pradarías de plantas mariñas (zostera) ou os campos de algas vermellas (maerl)

ANDAR CON OLLO

Ademais da camuflaxe, algúns animais fixeron adaptacións incribles para vivir deitados nos fondos. Os peixes planos, por exemplo, teñen os dous ollos xuntos no mesmo lado da cara.

QUENDA DE NOITE

Os fondos areosos tamén son un dos lugares preferidos para descansar os grandes peixes bentónicos. Os melgachos ou as raias adoitan pasar o día pousados de forma apracible, dado que é durante a noite cando están máis activos

VISITA ALGÚNS LUGARES QUE CONTAN CON INTERESANTES EXTENSIÓNS DE AREA AO SEU REDOR:

 A Furna                        Cala do rei                     Os Zenoiros

         PODES VISITAR TAMÉN AS PRADERÍAS DE ZOSTERA NA SECCIÓN DEDICADA ÁS 

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.