top of page

PUNTOS DE mergullO nA COSTA NORTE

A costa norte da ría adoita estar máis protexida de ventos e temporais. Caracterízase polos seus grandes entrantes que acollen praias areosas tan coñecidas como Liméns ou Barra. Toda a zona rochosa que vai dende as praias ata as puntas que entran no mar son zonas de moita biodiversidade e cores, moi entretidas para facer snorkel.

Hai moitos lugares interesantes para o mergullo nesta parte da ría. Algúns tan míticos como a batea de Frapelo ou os restos dos múltiples naufraxios espallados arredor do faro de A Borneira. Tamén é moi visitada  a liña de costa, onde os buratos entre as rochas e as densas poboacións de algas dan lugar a hábitats ideais para unha infinidade de formas de vida.
Entre as xoias desta parte da ría destaca Os Cenoiros, pola beleza das súas paisaxes e a particularidade dos seus característicos corais brandos.

 

bottom of page