BOSQUES DE argazos y LAMINARIAS

ECOSISTEMAS

Son o equivalente aos bosques no mar tanto pola súa aparencia como pola cantidade de vida que albergan. Estas grandes algas pardas, que poden chegar a medir ata varios metros, están presentes tanto nos puntos costeiros como en lugares máis profundos e forman ricos ecosistemas ao seu redor.

VECIÑANZA NUMEROSA

Moitas especies deciden instalarse nas laminarias ou refuxiarse á súa "sombra". Algas, nudibranquios, vermes, caranguexos ou ourizos conviven nestas paisaxes, que tamén se usan como gardaría para as crías de moitos tipos de peixes.

ESTACIÓNS DE LIMPEZA

Entre os moitos peixes que roldan estes bosques, destacan os farros, dado que é nestas zonas onde adoitan establecer as súas estacións de limpeza para desparasitar aos peixes máis grandes. Que mellor lugar para atraer clientes...

CAZADORES AO ASEXO

A gran cantidade de vida asociada ás laminarias fai que moitos predadores rolden por estes lugares. Chocos, estrelas do mar ou polbos visitan estes bosques en busca de alimento

A VIDA EN CÍRCULOS

Os argazos seguen ciclos anuais, abranguen grandes áreas rochosas no verán e rompen no outono e no inverno para reaparecer a primavera seguinte. Durante a súa época de esplendor dominan as paisaxes submarinas entre os 5 e os 20 m.

ADÉNTRATE CON NÓS NETES BOSQUES:

              Bondaña        A Furna   

Todas las fotografías, textos y vídeos pertenecen a las autoras y están protegidos por la Ley de Propiedad Intelectual. No se permite su uso no autorizado.