BATEAS

ARRECIFE ARTIFICIAL

As columnas de mexillón que baixan case ao fondo serven de estrutura á que se adhiren numerosas e pequenas formas de vida para formar un arrecife.

PRIMEIRO CULTIVO

As bateas son plataformas flotantes para o cultivo do mexillón e, durante décadas, transformaron a paisaxe mariña tanto a da superficie como a que está mergullada

ALÉN DO MEXILLÓN

Os cambios introducidos pola presenza de bateas (gran aumento de sedimentos) fan que nos baixos rochosos ao seu redor a vida busque un novo equilibrio. As estrelas e as ofiuras cobren a area mentres nas rochas se refuxian peixes, nécoras, congros ou centolas.

SEGUNDO CULTIVO

Os restos xerados polo mexillón acumúlanse no fondo e forman unha alfombra de vida chea de animais bentónicos coma estrelas do mar e ofiuroideos, así coma depredadores en busca de presas fáciles. Polbos, chocos ou raias frecuentan estes restos de cascallo.

PECORRE OS FONDOS BAIXO AS BATEAS NESTA LIGAZÓN :

 Bateas                        

Todas as fotografías, textos e vídeos pertencen ás autoras e están protexidos pola Ley de Propiedade Intelectual. Non se permite o seu uso non autorizado.